Auditoría para Urbanismo: “A loita pola transparencia non debe desfalecer”
En outubro de 2018 o noso Alcalde levou o Pleno unha proposta para elaborar
un catálogo de procedementos administrativos e un proceso de mellora no departamento
de urbanismo.
Dende hai máis de vinte anos tódolos partidos que ocuparon as bancadas da
oposición se veñen queixando amargamente do mal funcionamento deste área do concello
pero de maneira irónica e sistemática, o chegar ao goberno ou o cabo dun tempo como
opositores, resígnanse.
O deficiente rendemento da sección de urbanismo estalle a custar a Tui a súa prosperidade e o seu prestixio.
Este non é un caso raro, Tui no foi, nin é, nin será o único concello de España
no que “Urbanismo” falla, pero a teimudez de algúns actores políticos por non arranxar
esa tara comezaba a preocupar.
No obstante, con Carlos Vázquez Padín na Alcaldía, (quen tamén fora
moi crítico como opositor), transformouse esa norma de comportamento conformista.
Evidentemente, cada departamento de cada consistorio do país ten os seu propios
problemas, e polo tanto cada quen os atalla
cas ferramentas xurídicas e técnicas que considera, loxicamente, en función da natureza de
cada caso. Unha “auditoría externa” pode ser unha solución moi efectiva dende o
punto de vista do procedemento e por riba rexeneradora institucionalmente.
Precisamente semanas antes de que Converxencia 21 levara a pleno esa
proposta de auditoría externa, o partido Ciudadanos (C´s) facía o propio dende
a oposición no Concello malagueño de Nerja. Cito este por poñer un exemplo de centos
de casos nos últimos anos.
Transcribirei as declaracións da portavoz dese partido, Mª Carmen López: “En nuestro ánimo no está ni mucho
menos retrasar el trabajo burocrático del área. Todo lo contrario: queremos que
se agilice su trabajo y que se haga conforme a la legislación vigente. Por eso
pedimos que la auditoría sea externa”.
Sona de algo esa declaración de intencións? Hai algo malo nela? Penso que
non.
Pois o mesmo para Tui.
A elaboración dun catálogo diagnosticaría con solvencia e imparcialidade os
erros de metodoloxía no traballo e as deficiencias técnicas e tecnolóxicas do
departamento tudense. Por riba, so tería
un custo de 16.698€; o meu
parecer un orzamento mais que razoable dado os beneficios que aportaría.
Pero unha vez máis a oposición votou en contra. Que xulgue cada quen.
Pero este alcalde non resulta doado de dobregar cando a súa causa e nobre, así
que está a tomar outro tipo de medidas
tanxenciais. Iso si, sempre ca mente posta nun análise profesional que
diagnostique e solucione as trabas urbanísticas de Tui.
Sei que baralla volver a presentar novamente o seu proxecto auditor. Dende logo, eu o animo como cidadán, e o digo
abertamente, tamén como simpatizante do seu programa rexenerador para Tui. A loita pola transparencia non
debe desfalecer.
Esta necesidade de arranxar o departamento de urbanismo non é subxectiva.
Ben, ao mellor para oposición si é un asunto subxectivo, pero a cidadanía pouco
lle importan estas consideracións cando teñen como referencia as súas nefastas
experiencias con este departamento o longo destes anos, e ningún subterfuxio os
vai a facer cambiar de opinión.
Comentarios