Ave, futura sit sub terra
Os romanos foron os grandes mestres da enxeñaría e do
deseño urbanístico na antigüidade. Tódalas urbes de consideración fundáronse a
partir do cardo e do decumano, dúas rúas máximas que se cruzaban
perpendicularmente para logo ir desenrolando unha expansión en cuadrículas
perfectas.
No eixo cardo e decumano concentrábanse os principais
edificios públicos, procurando pavimentar ditos vieiros de tránsito co fin de
embelecer o entorno, redundar na hixiene, mellorar as comunicacións e
favorecer o comercio o cal incluía o aparcamento das carrozas.
O empedrado das rúas era un dos factores fundamentais
para medir o desenrolo das cidades na Idade Antiga. Supoño que Tide, enclave
destacado na vía Bracara (Braga) – Asturica (Astorga), non defraudou posto que
na Corredoira atopáronse indicios arqueolóxicos do empedrado da chamada Via
XIX.
Os carromatos pasaban e aparcaban nese entorno para as
súas transaccións comerciais, lúdicas, administrativas etc… e por
suposto, debido a baixa densidade de poboación e ao saber dos romanos non creo
que Tide tivese problemas de aparcamento.
Lamentablemente os avatares da historia e a falta de
visión urbanística dos nosos dirixentes, sobre todo na época do desenrolo
desaforado, converteron o Tui actual nun espazo urbanístico achicado, con un
afogamento no seu trafico por carencia de conectividade entre o norte e o sur
da cidade e unha ausencia arrepiante de aparcamento de calidade.
Por fin, baixo o mandado e xestión do presente alcalde
(quen equivalería o dunviro romano) o problema de conectividade vai
solucionarse ca apertura da Rúa Ourense. Isto é unha realidade.
No obstante, o entorno do cardo tudense sigue asolado
polo feismo e pola inoperancia. O gran torreiro que linda ca Área Panorámica e
o Centro de Saúde presenta un aspecto terceiromundista.
Un urbanista romano o consideraría un enclave idóneo para
situar o “foro”, ou sexa, unha especie de lugar de esparexemento da nosa era.
E así está proxectado polo noso actual alcalde, co concepto urbanístico
de “Zona Verde Zonificada”.
Por outra banda, nos nosos tempos modernos, agora
si, temos un problema de densidade de vehículos, así que considero que
inapelablemente o baixo terra do foro debería aproveitarse como
aparcamento, se ben C21 pode estar aberto a unha proposta europea de Parking exterior noutro terreo cercano o centro, o que por outra banda sería máis ecolóxico polo tema de emisións. Sen embargo, estas duas opcións que resultan un axioma para todos os
cidadáns de Tui, xamais se levaron a cabo, nin sequera con unha teórica
iniciativa política nun pleno, mais aló das consabidos brindes o sol de moitos
que pasaron polo concello sen compromiso real neste ámbito.
Unha vez máis, é Converxencia XXI (21), liderando a este equipo de Goberno, quen, en tan so un ano
e medio de mandato, rompe unha lanza pola modernidade e plantexa a
construción dun parking (neste caso subterráneo) na Área Panorámica, con
capacidade para case trescentos vehículos, o cal solucionaría en gran medida as
deficiencias do aparcamento en Tui, beneficiando o desenrolo social e
mercantil. Podemos contemplalo neste
enlace: Proxecto.
O noso Alcalde Carlos Vázquez Padín o propuxo no pleno de
outubro (2018) pero a oposición en maioría (ao meu xuízo, e o digo con todo o
respecto, incompresiblemente) rexeitou a proposta alegando que o parking non
debe ser privado senón público, o cal eu non comparto polo tremendo desembolso que
suporía para os contribuíntes, sobre todo tendo en conta as limitacións do
orzamento global do Concello de Tui. Tampouco estou a favor de que as entidades
públicas asuman este tipo de aventuras financeiras porque o cartos públicos teñen
outras prioridades onde o capital privado no é quen de intervir, como cuestións administrativas ou de caracter social, educativo ou cultural.
Agora o noso “Dunviro” volve a presentar o tema tras o
período que tiveron os membros da corporación para reflexionar sobre o asunto.
Creo honestamente que deberían pensar se é coherente ter semellante inmundicia
de terra destinada o caos no medio da cidade. Imaxínense a “Calle Castellana”
de Madrid, en fronte os ministerios de Defensa, Economía ou Industria cun
torreiro para que os ministros, funcionarios do Estado e usuarios tirasen os
coches de calquera maneira, e a Alcaldesa Sra. Carmena mandando unha pala de
vez en cando a tapar buratos. Sería o faime rir de Europa.
En Madrid hai parkings privados subterráneos dende fai
moitos anos e a Vigo chegaron nos 90. Algún poderá alegar que son grandes
cidades, pero Redondela e Porriño, por exemplo, vilas moi próximas, tamén teñen
aparcamentos baixo terra e non lles vai nada mal a usuarios e
comerciantes, incluso a os residentes.
Ningún tudense quere que o centro de Tui siga sendo un
“hazmereir”. Podemos acabar dunha soa atacada co feismo e cas
deficiencias urbanísticas do noso enclave funcional e conducir a nosa cidade
ata o futuro.
Ave Dunviro Padinus, futura sit sub terra.
Comentarios