Dous non bailan cando un non quere. A Xunta bailou con nos e o Goberno Central non.
Unha infraestrutura vital para a mellora do tráfico en Guillarei, Baldráns,
Paramos ou Caldelas. É unha intervención nunha via, a PO-404, na que as autoridades
autonómicas terán aínda que traballar a reo debido a súa perigosidade. Agora ben,
esta e a maior intervención nesta estrada dende o seu trazado.
Non entrarei a valorar os detalles descritivos máis ala do custo que se
eleva 316.400 euros, e que o anuncio de licitación produciuse en Xuño do ano
pasado conforme o anuncio da Axencia Galega de Infraestruturas do 8 de febreiro
de 2018 (clave PO/16/198.06).
Por tanto, en menos de un ano este Goberno Local logrou implicar a Consellería
de infraestruturas na construción desta redonda, demandada desde facía máis
dunha década polos veciños. As palas e os camión xa están desterrando e en
catro meses nos libraremos dun punto negro da nosa circulación.
Esta claro co traballo relacional deste Goberno vai dando o seus froitos na
Xunta, o cal amosa as dotes diplomáticas do Sr. Alcalde, iso si, recoñecendo a sensibilidade
do inquilino actual de Santiago.
Outra cousa diferente e a actitude do Goberno Central. O desentendemento cos afectados de Paramos está a ser un exemplo
obxectivo de esa falta de compromiso con Tui, e iso co Sr. Padín intentouno por
activa e por pasiva, de forma cordial, utilizando os procedementos
administrativos adecuados, e cando se lle pecharon as portas, de forma
reivindicativa, o cal funcionou mellor pero aínda non solucionou de todo o
problema.
Pero está claro que dous non bailan coando un non quere, e o Executivo
Central do Partido Socialista, agora saínte, no quixo. Por riba o PSOE Local de
Tui nin tocou a trompeta.
O 28 de abril teremos Eleccións Xeráis e os cidadáns españois decidiremos unha
composición parlamentaria que súa vez derivará na elección dun Presidente e logo
de todo a seu executivo. Pola outra banda, o 26 de maio os tudense afrontamos unhas
Elección Municipais onde decidiremos goberno para os próximos catro anos.
Estou seguro de que si Sr. Carlos
Vázquez Padín ten o honor de repetir na Alcaldía novamente quererá e saberá bailar cas administracións
pertinentes, estea quen estea na pista de baile: en Bruxelas, en Madrid, en
Santiago ou en Pontevedra. A ver si as parellas en outras institucións atópanse a altura.
Comentarios