Luces para un longo percorrido


Esta semana o equipo de goberno, encabezado polo noso Alcalde C.V.P, presentou ante os tudenses unha AUDITORÍA ENERXÉTICA DO SISTEMA DE ALUMEADO PÚBLICO.  

Nos se trata de, cómo farían moitos, “cambiar bombillas y farolas a diestro e siniestro”, agora que veñen as eleccións. Este Alcalde demostra unha vez máis a súa visión a longo prazo, como o bo condutor que de noite, ante unha longa viaxe, utiliza con racionalidade as luces longas e de cruce.
  
Ante o que se presenta como un reto de futuro, a optimización e mellora dos recursos e usos enerxéticos en xeral, e lumínicos en particular, este goberno opta por poñerse en mans de expertos que utilizan protocolos de estudo do “Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE)”. 

Un estudo que parte de unha toma de datos, para en unha segunda fase presentar un análise de información e rematar con unha redacción auditora e o plantexamento dunha plataforma de xestión, cumprindo o regulamento de eficiencia enerxética en instalación de alumeado exterior. Son conceptos que non me son del todo alleos, por iso me permito opinar, evidentemente ca máxima humildade e perdón de antemán se en algo me equivoco. En todo caso vou a usar termos sinxelos.

No ano 2015 a Deputación, con parte de Fondos FEDER, implantou unha suposta proba piloto para seis concellos da provincia, entre eles Tui, no que se prometía un estudo a partir dun cambio de lámpadas de vapor de sodio por LEDS. E certo que nos puntos de luz empíricos detectouse un aforro do 55%, pero esa análise fíxose, o meu parecer, de forma parcial porque so contemplou o  apartado finalista do consumo sen centrase noutros aspectos como o rendemento das estacións de mando e instalacións intermedias que son tan vitais como a cápsula de cristal en sí. 

Lamentablemente o proxecto naceu nos tempos de precampaña das eleccións municipais dese 2015. Unha vez mais luces políticas cortas. Pretendíase que se vesen os operarios cambiando luces na rúa, porque iso luce moito; pero a cousa rematou ahí.

O noso Alcalde leva traballando un ano na procura de algo que vai mais lonxe, non ten rédito electoral porque unha auditoría do alumeado non produce melloras nin aforro nas instalacións. Ningún veciño de ningunha parroquia vai a meter o coche mellor no seu garaxe pola noite grazas a este estudo, al menos de momento.

Pero esa é a natureza fundamental do Sr. Padín, o que o convirte ao meu xuízo nun político de longo prazo, un condutor para travesías extremas, a su capacidade de ver mais ala da inmediatez e non estrelarse absorto no volante do electoralismo.
   
Tras este auditoría teremos un diagnóstico que identifique os erros e deficiencias, e como non, as fortalezas e o aproveitable do noso sistema de alumeado público, con unha proposta de alternativa técnica axeitada.  E o Goberno que veña, sexa el que sexa, poderá implantar ditas propostas con criterio.
Unha vez mais este goberno pon as longas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Entrevista en "Na Encrucillada" de Radio Xallas.

Orgullo de pertencer a un gran proxecto.