Orgullo de pertencer a un gran proxecto.
Esta maña presentamos un parte importante dos candidatos da nosa lista as
Eleccións Municipais do vindeiro mes de maio.
Foi nun acto sinxelo ante a prensa na Sala Félix do Área Panorámica,
respondendo a nosa habitual política de transparencia ante a cidadanía sobre
quen configuramos este proxecto.
Teño que manifestar sentirme integrado entre uns excelentes compañeiros,
empezando por suposto polo noso candidato con maiúsculas, Carlos Vázquez Padín.
Hoxe tamén materializouse oficialmente a incorporación da actual
concelleira, Mila González, a nosa candidatura. Unha persoa con poderosas dotes
executivas como ven amosando o longo deste ano e medio na área de Educación, e
a reconfirmación de Eduardo Freiría, que está a traballar con gran compromiso
en Patrimonio ou Cultura entre outras concellerías.
Ademais Converxencia 21 de Tui nestes comicios experimenta un salto cualitativo o presentar por primeira
vez na súa historia a un candidato para a Entidade Menor de Pazos de Reis.
Trátase de Emilio González Cruces, de 69 anos, veciño de enorme experiencia e
coñecedor das necesidades desta pedanía.
Repiten nas listas, como non podía ser doutra forma, o nosas pedáneas Chus
Guinde e Sonia Santos, se ben Sonia non puido comparecer no acto de hoxe por motivos ineludibles, e son
novidade Mónica González Romero por Ribadelouro e Beatriz González Sousa, coñecida por Beatriz de Cleves, experta en comunicación e con unha capacidade de traballo estratosférica; a ámbalas
dúas lles vaticino un gran éxito nos
seus desempeños.
O longo das próximas semanas iremos desvelando a identidade dos demais
compañeiros.
Graciñas a todos por contaxiarme desta paixón por Tui.
Na foto, de esquerda a dereita: Emilio González Cruces, Beatriz Gonzalez de Sousa (de Cleves), Mila González, Carlos Vázquez Padín, Chus Guinde, Mónica González Romero, Eduardo Freiría y José Manuel Palacín.
En prensa: Adiante Galicia
En prensa: Adiante Galicia
Comentarios