Toma de posesión como Concelleiro de C21 por Tui

Quero aclarar ante todo que este non será o meu blog de acción política ao frente da representación institucional de Converxencia 21 en Tui. A tal efecto habilitaremos unha plataforma específica. Pero non debo, nin quero deixar de comunicar a través do meu blog "Discusiones Bizantinas" un momento tan importante na miña vida como foi o da toma de posesión da acta de concelleiro de C21 por Tui. 

Precisamente con Tui e con Converxencia 21 no meu pensamento inicio unha nova etapa que lle debo a os nosos 929 votantes do 26 de maio, ao esforzo de todos e cada un dos compañeiros de Converxencia 21 e do sacrificio especial de Carlos Vázquez Padín e de Mila González. Nunca me cansarie de repetilo.  

Respecto a miña intervención no xuramento recoñecer que me traicioaron a impedancia do micro e un pouquiño os nervos, ata agora inéditos na miña carreira política. Sinceramente non me agradou o meu tono de voz, se ben cumprin o meu desexo de xuramentarme con libro "A miña visión do futuro de Tui".

Xa en relación ca miña intervención na quenda de palabra que nos concedeu amablemente o noso Alcalde, o Excelentísimo D. Enrique Cabaleiro,  apuntar que expresei, (xa con máis depurada plástica vocal), que quería felicitar a cidadania de Tui polo seu cumprimento exquisito ca democracia e precisamente ao Alcalde electo, polo seu cargo adquirido tan incontestablemente nas urnas. 

Pola outra banda manifestei a miña vontade e a do noso partido, C21, de facer unha oposición leal, constructiva, responsable e elegante pero rigorosa, defendendo o legado de Carlos Vázquez Padín e o do seu equipo de goberno no pasado mandato.

En próximas intervencións irei argumentando este posicionamento.   

Comentarios

Entradas populares de este blog

Entrevista en "Na Encrucillada" de Radio Xallas.

Orgullo de pertencer a un gran proxecto.