Ave, futura sit sub terra
Os romanos foron os grandes mestres da enxeñaría e do deseño urbanístico na antigüidade. Tódalas urbes de consideración fundáronse a partir do cardo e do decumano, dúas rúas máximas que se cruzaban perpendicularmente para logo ir desenrolando unha expansión en cuadrículas perfectas. No eixo cardo e decumano concentrábanse os principais edificios públicos, procurando pavimentar ditos vieiros de tránsito co fin de embelecer o entorno, redundar na hixiene, mellorar as comunicacións e favorecer o comercio o cal incluía o aparcamento das carrozas. O empedrado das rúas era un dos factores fundamentais para medir o desenrolo das cidades na Idade Antiga. Supoño que Tide, enclave destacado na vía Bracara (Braga) – Asturica (Astorga), non defraudou posto que na Corredoira atopáronse indicios arqueolóxicos do empedrado da chamada Via XIX. Os carromatos pasaban e aparcaban nese entorno para as súas transaccións comerciais, lúdicas, administrativas etc… ...