Orgullo de pertencer a un gran proxecto.
Esta maña presentamos un parte importante dos candidatos da nosa lista as Eleccións Municipais do vindeiro mes de maio. Foi nun acto sinxelo ante a prensa na Sala Félix do Área Panorámica, respondendo a nosa habitual política de transparencia ante a cidadanía sobre quen configuramos este proxecto. Teño que manifestar sentirme integrado entre uns excelentes compañeiros, empezando por suposto polo noso candidato con maiúsculas, Carlos Vázquez Padín. Hoxe tamén materializouse oficialmente a incorporación da actual concelleira, Mila González, a nosa candidatura. Unha persoa con poderosas dotes executivas como ven amosando o longo deste ano e medio na área de Educación, e a reconfirmación de Eduardo Freiría, que está a traballar con gran compromiso en Patrimonio ou Cultura entre outras concellerías. Ademais Converxencia 21 de Tui nestes comicios experimenta un salto cualitativo o presentar por primeira vez na ...